InicioPolíticaO PSOE de Riotorto acusa ao alcalde de "enchufar" a súa muller...

O PSOE de Riotorto acusa ao alcalde de “enchufar” a súa muller no Concello

"As cacicadas son práctica habitual nel. A súa actitude coa oposición é deplorable, en plan chulesco e prepotente", denuncia o voceiro dos socialistas riotortenses

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz do PSOE no Concello de Riotorto, Pepe García, denunciou un caso de “nepotismo” e acusou ao alcalde, o popular Clemente Iglesias, de “enchufar” á súa muller na casa consistorial.

En concreto trátase dunha praza de auxiliar de administrativo que desde o mes pasado ocupa a esposa do rexedor, un proceso de selección “non foi limpo” e que se situou fóra “de toda ética”. “Se as cousas se fixeran ben habería máis xente interesada na praza (de auxiliar de administrativo). Fixo (o rexedor) as bases pensando na súa señora e tanto é así que só se presentaron a súa muller e outra moza”, queixouse.

O voceiro dos socialistas riotortenses lembrou as “cacicadas” que cometeu o alcalde desde que foi reelixido hai un ano. Entre outras, García xa denunciaba hai algunhas semanas que o salón de plenos non reunía as condicións anti-covid-19 para a celebración de sesións. “As cacicadas son práctica habitual nel. A súa actitude coa oposición é deplorable, en plan chulesco e prepotente. No último pleno tentou expulsarme por preguntas que lle molestan. Ademais a documentación requirida tena aí en silencio administrativo“, dixo finalmente o portavoz socialista en Riotorto.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...