InicioPolíticaA Deputación achegará cinco millóns á Mariña co Plan Único

A Deputación achegará cinco millóns á Mariña co Plan Único

O ente provincial financiará melloras en infraestruturas, atención a maiores ou actividades culturais e deportivas

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo financiará a través do Plan Único 2018 diversas infraestruturas e servizos na comarca da Mariña. Segundo informou en Viveiro o presidente do ente provincial, Darío Campos, o investimento na bisbarra ascende a cinco millóns de euros.

Esta cantidade servirá “para mellorar a calidade de vida dos 73.000 veciños dos 16 concellos da comarca, mediante a mellora de infraestruturas -como estradas, traídas de auga, saneamentos, instalacións deportivas e culturais-, atención profesional a maiores ou novas actividades turísticas, deportivas e culturais que dinamicen a zona”, asegurou Campos.

OBRAS, SERVIZOS E EMPREGO

Do orzamento do Plan Único 2018 para a comarca, 3,2 millóns están destinados á execución de máis de 60 obras de mellora de servizos públicos. Algo máis de medio millón servirá para financiar atención a domicilio para maiores. “Este investimento permítenos ofrecer 56.000 horas de coidados profesionais a veciños da bisbarra”, explicou Campos.

Outros 740.000 euros serán para a xeración de 70 postos de traballo nos municipios, mentres que 175.000 están reservados para a potenciación do turismo. “Estes fondos garanten a celebración de 25 festas, feiras ou festivais que xeran riqueza”, precisou o presidente da Deputación. Unhas 40 actividades de promoción cultural gozará dun investimento de 82.000 euros.

No tocante ao deporte, un total de 86.000 euros adicarase a apoiar 32 iniciativas deportivas na Mariña. Outros 28.700 euros mellorarán as administracións electrónicas dos municipios, de xeito que os mariñaos teñan máis doado facer os seus trámites a través de internet. Finalmente, cinco grupos de protección civil da bisbarra repartirán un gasto total de 16.000 euros.

POR CONCELLOS

Respecto ao investimento por concellos, o presidente da institución provincial informou que se seguiron criterios de superficie, poboación, envellecemento, taxa de paro e dispersión poboacional.

Así, Alfoz recibirá 267.779 euros; Barreiros, 269.158; Burela, 358.625; Cervo, 287.017; Foz, 406.428; Lourenzá, 249.519; Mondoñedo, 303.570; Ourol, 303.977; A Pontenova, 269.235; Ribadeo, 429.274; Riotorto, 232.388; Trabada, 246.774; O Valadouro, 283.106; O Vicedo, 251.666; Viveiro, 500.000; e Xove, 271.748.

Asistiron ao acto o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, a deputada pola comarca da Mariña, Mayra García, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

ÚLTIMAS

O SLG denuncia anomalías na DIA da Xunta para a balsa de lodos de Alcoa

O SLG denuncia que a DIA da Xunta de Galicia para ampliar a balsa...

O Concello de Ribadeo apunta que as obras do Hospital Asilo van a bo ritmo

A reforma do hospital asilo avanza a moi bo ritmo. Así o subliñou o...

“Eu como peixe de Burela” achega as vantaxes de comer peixe aos pequenos do Valadouro

Corenta alumnos de educación infantil e primaria do CEIP Plurilingüe Santa María do Valadouro...

Ribadeo celebra o vindeiro domingo a segunda preparatoria Cros A Mariña

Ribadeo acollerá o vindeiro domingo, 17 de novembro, a 2ª Preparatoria Cros A Mariña....