InicioPolíticaO BNG insta á Deputación a que inclúa o pavillón de Burela...

O BNG insta á Deputación a que inclúa o pavillón de Burela nos orzamentos do 2019

Os nacionalistas urxen ás administracións a que "concreten canto vai achegar cada unha"

Publicada o

- Advertisement -

O grupo provincial do BNG presentou unha moción de cara ao pleno do vindeiro martes para instar á Deputación de Lugo a que inclúa unha partida económica para o novo pavillón de Burela nos orzamentos do ano 2019.

Os nacionalistas lembran que houbo un acordo unánime da corporación municipal para que o goberno local se comprometese a achegar os terreos necesarios para a obra e a redactar o proxecto da instalación nun prazo de catro meses. Tamén se chegou a un consenso na Deputación para cofinanciar, xunto coa Xunta de Galicia, o novo pavillón.

Así, o BNG reclama que o goberno provincial inclúa un importe nos orzamentos do ano que vén suficiente para executar os acordos. O partido frontista reclama que as administracións “aceleren os trámites” e concreten cal vai ser a achega de cada unha delas para acadar o novo pavillón “nun prazo que non exceda dos dous anos”.

PLENO DE BURELA

O voceiro dos nacionalistas en Burela, Mario Pillado, pediralle ao alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, que explique as xestións realizadas no pleno do vindeiro xoves. “É un tema de sumo interés, non só para os clubs deportivos, senón tamén para todos os sectores económicos do municipio”, expón Pillado, que reprocha ao rexedor que non convocara a xunta de portavoces para este motivo.

Desde o BNG reprochanlle ao alcalde que non convocara ata agora a xunta de portavoces para informar das xestións realizadas.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...