InicioPolíticaEn Marea levará ao Parlamento o parque eólico das Sasdónigas

En Marea levará ao Parlamento o parque eólico das Sasdónigas

O deputado Antón Sánchez reuniuse con veciños e ofreceulles axuda ante o que considera "unha depredación territorial"

Publicada o

- Advertisement -

O deputado e viceportavoz de En Marea no Parlamento galego, Antón Sánchez, proporá medidas parlamentarias contra o parque eólico das Sasdónigas.

Sánchez reuniuse con veciños afectados polo parque, das parroquias de Zoñán, Estelo, San Vicente e Sasdónigas.

O representante de En Marea prometeu que a delegación local do partido prestaralles asesoramento e axuda xurídica ante un proxecto que tacha de “depredación territorial, coa complicidade da Xunta de Galicia”.

“FRAUDE”

Á xuntanza asistiron Iván Lombardero, do Sindicato Labrego Galego, e o coordinador de En Marea a nivel local, Manuel Germade. Este último afirmou que “o convenio de Concello emprendedor” supón “un fraude á cidadanía”, pois “é unha perda de ingresos considerables que non achegará postos de traballo”.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...