InicioPolíticaO PSOE pide á Xunta a creación dunha escola marítimo-pesqueira na Mariña

O PSOE pide á Xunta a creación dunha escola marítimo-pesqueira na Mariña

Os socialistas alertan da carencia de opcións de formación malia que os portos lucenses "achegan o 26% do volume de negocio pesqueiro" en Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE esixiu este sábado á Xunta de Galicia que poña en marcha na Mariña cursos de formación para os profesionais do sector pesqueiro. Os socialistas solicitaron ademais a creación dunha escola marítimo-pesqueira na que se oferten ciclos formativos de grao básico, medio, superior e FP.

O grupo provincial do partido socialista lembrou o peso dos portos de Burela e Celeiro, que representan o 26% de volume de negocio en Galicia e o 21% das descargas en lonxa que se producen na comunidade.

O PSOE tamén lembra que o 18% dos buques da bisbarra son de grande tonelaxe, e a tripulación destas embarcacións require dunha formación –Navegación e Pesca de Litoral, Control de Maquinaria– que atopa na Coruña, Pontevedra ou Xixón.

NICHO DE EMPREGO

O secretario xeral do PSOE en Lugo, Álvaro Santos Ramos, a deputada autonómica Patricia Otero, a alcaldesa de Viveiro María Loureiro e mailo edir de mar viveirense, Suso Fernández, xuntáronse nun acto no que os dixirentes socialistas lembraron que “hai un problema co relevo xeracional” e á vez “un nicho de emprego por explotar”.

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...