InicioPolíticaO Concello de Mondoñedo ten un remanente de 1,4 millóns

O Concello de Mondoñedo ten un remanente de 1,4 millóns

O goberno local resalta que reduciu á metade a débeda durante a presente lexislatura

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo ten un remanente de tesouraría de 1,4 millóns de euros, trala publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da aprobación do expediente de depuración de saldos, ao que non se presentaron alegacións

Segundo o expediente, os cobros pendentes de aplicación definitiva quedan por debaixo dos 4.000 euros (3.876,45 euros). Os fondos líquidos do Concello ascenden a 2.340.095,42 euros e os dereitos recoñecidos pendentes de cobro suman 1.504.204,53 euros, mentres que as obrigas pendentes de pagamento alcanzan os 666.698,05 euros.

INVESTIMENTOS

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anunciou que “estamos a estudar cos servizos xurídicos e económicos do Concello a cantidade que se pode destinar para a amortización da débeda, así como a posibilidade de planificar algún investimento no vindeiro exercicio”.

DÉBEDA

A rexedora apunta que “abonado o último recibo do préstamo de pagamento a provedores, quedan pendentes algo máis de 700.000 euros. Esta é a única débeda relacionada co préstamo de pagamento a provedores, coa banca e coas administracións coa que conta actualmente o Concello despois de facer fronte á débeda herdada da anterior lexislatura, que ascendía a 1.437.950 euros”.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...