InicioPolíticaO BNG de Barreiros pide ao Concello datos sobre as visitas turísticas...

O BNG de Barreiros pide ao Concello datos sobre as visitas turísticas no verán

Os nacionalistas cren que "non é de recibo" que non haxa "unha valoración" das cifras da oficina de turismo municipal

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Barreiros vén de presentar un escrito no que solicita ao goberno local que facilite os datos relativos ás visitas e estancias turísticas que houbo no concello en tempada estival. O grupo municipal do partido frontista pide tamén unha valoración do verán en termos sociais e económicos.

A voceira municipal do BNG, Ana Ermida, lembra que “a maioría de concellos da zona fixo públicas as cifras obtidas nas oficinas de información turística, o que supón un estudo inicial valioso á hora de enfocar a promoción turística”.

Ermida afirma que “tendo en conta que o Concello de Barreiros conta cunha única oficina de información turística, situada no propio consistorio e con horario de oficina laboral, atendida en acumulación por unha funcionaria municipal, entendemos que é obriga do goberno municipal facer un seguimento dos datos que se poidan obter”. Por esta razón, pide por escrito as cifras de visitas, tempo de estancia ou orixe dos turistas, “así como unha valoración relativa á incidencia da tempada estival”, conclúe.

O BNG tamén aproveitou a ocasión para dirixirse oficialmente á recentemente constituída asociación local de hostelería para darlle conta do escrito presentado pola formación nacionalista, así como para poñerse formalmente “á súa disposición para traballar no desenvolvemento turístico de Barreiros”, explica Ermida.

XUNTANZAS SECTORIAIS

Neste sentido, desde a formación nacionalista anunciaron que cara ao mes de outubro continuarán coas asembleas de recollida de propostas, ás que incorporarán reunións sectoriais cos sectores agrogandeiro, turístico, forestal, deportivo ou cultural.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...