InicioPolíticaA alcaldesa de Viveiro urxe a Augas de Galicia a executar o...

A alcaldesa de Viveiro urxe a Augas de Galicia a executar o saneamento da ría

O goberno local e o ente público empresarial asinaron un convenio no 2016, pero non houbo avances neste ámbito

Publicada o

- Advertisement -

O alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, remitiu un escrito ao director de Augas de Galicia para solicitar unha xuntanza na que obter información sobre o saneamento da ría e ao informe que o ente debe remitir con respecto ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Na carta enviada, a rexedora fai referencia ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial e o Concello para a execución de actuacións de saneamento de Celeiro e mellora da EDAR de Viveiro, un documento que foi asinado en setembro de 2016 cun orzamento de tres millóns. No acordo inclúense varias actuacións, como unha estación de bombeo en Celeiro, un depósito de retención e pretratamento, a optimización da depuradora e a instalación dun emisario submarino de 858 metros.

“SEN UNHA PREVISIÓN CLARA”

Loureiro sinala que, cando se cumpren dous anos da sinatura do referido convenio, “non hai unha previsión clara” con respecto á data de inicio destas obras. Por iso, expón a súa “preocupación”, a pesar de que, lembra “por parte do concello véñense seguindo todos os pasos e trámites indicados polas distintas administracións implicadas para obter tanto a autorización de vertido como a concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre.

PXOM

Con respecto ao PXOM, un asunto “de vital importancia para o Concello”, a alcaldesa apunta que a día de hoxe aínda non recibiu o informe referido, polo que demanda “unha explicación” sobre este punto “e unha previsión” de cando poderá contar co mesmo.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...