InicioPolíticaO BNG estrea sede en Burela

O BNG estrea sede en Burela

Os nacionalistas presentaron unha inciativa para dotar ao centro de saúde de fisioterapia

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) estreou hoxe sede en Burela. O partido nacionalista quere que a sede sexa non só un punto de encontro e traballo da organización, senón tamén un espazo aberto para que os distintos colectivos presenten as súas propostas ou queixas. A oficina está situada na Avenida de Arcadio Pardiñas, 80, entrechán.

Asistiron á inauguración da sede a deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, a responsable comarcal do partido, Ana Ermida, e o portavoz municipal dos nacionalistas en Burela, Mario Pillado.

PREGUNTAS SOBRE PEDIATRÍA

Ademais, o BNG presentou iniciativa para dotar ao Centro de Saúde de Burela do servizo de fisioterapia e formulará distintas preguntas en relación á situación da pediatría nos centros de saúde de Burela, Cervo, Xove, e Valadouro.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...