InicioPolíticaO BNG recolle 150 sinaturas para pedir explicacións pola "deriva" de Barreiros

O BNG recolle 150 sinaturas para pedir explicacións pola “deriva” de Barreiros

Os nacionalistas din mostrar "o malestar de veciños e segundos residentes pola perda de servizos"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Barreiros rexistrou un escrito con 150 sinaturas de veciños da zona costeira do concello e de persoas que teñen a súa segunda residencia no municipio para solicitar ao goberno local explicacións das “actuacións, investimentos e xustificación das mesmas realizadas nos servicios municipais”, así como do “sistema de control que se ten establecido desde a alcaldía para garantir o funcionamento dos servizos públicos”.

Os nacionalistas quixeron facer de “autofalantes” dos veciños e das persoas que viven parte do ano en Barreiros, e que “tamén contribúen ás arcas públicas”. Na recollida de sinaturas, que durou dous días, e nas asembleas, mantidas ao longo do mes de agosto, os barreirenses “trasladáronnos a súa preocupación e malestar pola deriva do municipio”, afirma a voceira do grupo local do BNG, Ana Ermida, que engade que “poidemos constatar que o malestar é cada vez maior”.

“RECUPERAR O BO NOME”

Desde o BNG barreirense sosteñen que “cada vez temos menos e peores servizos, e por riba, máis caros”, e esixen “algunha explicacións sobre as razóns para que Barreiros camiñe cara atrás en todos os sentidos. Queremos que no pleno de setembro se faga un exercicio de análise e traballar para que o municipio recupere o bo nome”, conclúen.

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...