InicioPolíticaA Xunta financia con 160.000 euros a promoción turística na Mariña

A Xunta financia con 160.000 euros a promoción turística na Mariña

A principal novidade do convenio é a contratación dunha xerente de turismo permanente

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia financiará con 160.000 euros diversas accións de promoción turística conxunta dos concellos da Mariña lucense. Este investimento articularase a través dun convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade, que contribuirán a apoiar o xeodestino comarcal.

O investimento total previsto para este ano e para o 2019 alcanzará os 190.000 euros, dos que a Xunta achega o 85%. Unha das principais novidades é a creación dunha xerencia permanente, que se encargue de potenciar a bisbarra a nivel turístico.

TRES LIÑAS DE ACTUACIÓN

O convenio contempla tres liñas de actuación. Por unha banda, a consolidación de produtos turísticos propios, como o mes da maxia, as rutas de sendeirismo ou os itinerarios de artesanía.

En segundo lugar, o plan incentiva a formación de axentes turísticos, coa organización de cursos de formación específicos. Por último, o convenio axudará á promoción e divulgación do xeodestino, co perfeccionamento da páxina web da Mancomunidade.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou este proxecto acompañado dos alcaldes e representantes municipais.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...