InicioPolíticaA Xunta financiará o mantemento de espazos naturais en Trabada e Lourenzá

A Xunta financiará o mantemento de espazos naturais en Trabada e Lourenzá

O Fondo de Compensación Ambiental achegará 72.000 euros a gastos de persoal e equipamento nestes dous concellos

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia investirá 72.245 euros no financiamento do servizo de mantemento de espazos naturais dos concellos de Trabada e Lourenzá.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza sufragará, por unha banda, gastos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do medio ambiente e dos espazos naturais e, por outra, a adquisición de equipamento de protección ambiental para os dous concellos mariñaos.

Este apoio económico concédese a través da liña competitiva de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental e permitirá contribuír ao financiamento de gastos de funcionamento propios destes servizos, tales como os gastos de persoal e os de mantemento dos tractores empregados no desbroce e limpeza de vías.

CONTEDORES

Tamén está previsto financiar a instalación de diversos contedores para a recollida selectiva de papel e cartón, vidro, residuos sólidos urbanos e envases, ademais de soportes para a suxeición de contedores. O proxecto contempla tamén a construción de soleiras de formigón.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou a utilidade do Fondo de Compensación Ambiental para avanzar na protección da calidade medioambiental e a sustentabilidade do territorio. A Xunta destina os ingresos derivados do canon a actuacións encamiñadas á conservación, reposición e restauración do medio.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...