InicioPolíticaA Deputación mellora a vía que une os concellos da Pontenova e...

A Deputación mellora a vía que une os concellos da Pontenova e Fonsagrada

O presidente do goberno provincial supervisou os traballos de mellora nos tres quilómetros pendentes de reparación

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo anunciou o remate das obras na estrada provincial LU-P-1904 que une os concellos da Pontenova e Fonsagrada, tras concluíren os traballos de mellora nos tres quilómetros pendentes de reparación.

“BENEFICIAN A 6.400 VECIÑOS”

Estas últimas actacións incluíron a mellora do firme con aglomerado en quente, a ampliación e limpeza das cunetas e a instalación de máis sinalización horizontal e vertical.

Os derradeiros arranxos do vial supuxeron un investimento de 340.000 euros

O presidente do executivo provincial, Darío Campos, e o vicepresidente, Argelio Fernández, supervisaron este sábado as derradeiras intervencións que -segundo explicaron- “benefician directamente a preto de 6.400 veciños que viven nestes dous municipios, xa que a estrada é unha vía de comunicación fundamental entre eles”.

“TÓCALLE Á XUNTA”

No entanto, o vial dá acceso á estrada LU-740 -que completa o trazado ata a Fonsagrada- e que segundo remarcaron “presenta serias deficiencias nun total de 17 quilómetros“. Os representantes da Diputación demandaron ao goberno galego a mellora deste treito. “A Deputación xa cumpriu coas súas obrigas, agora tócalle o turno á Xunta, merecemos vivir nun rural con boas vías de comunicación si queremos que os nosos mozos e mozas vivan nel”, concluíron.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...