InicioPolíticaAs xestións para o novo pavillón dividen á corporación de Burela

As xestións para o novo pavillón dividen á corporación de Burela

Tras dous meses do acordo plenario para construír o recinto, o PP acusa ao rexedor de "mentir" sobre a memoria valorada e o BNG cuestiona a dialética "bipartidista"

Publicada o

- Advertisement -

Dous meses despois de chegar a un acordo no pleno para a construción dun pavillón, os partidos políticos de Burela enfróntanse polas xestións do goberno local para acadar o novo recinto.

Logo de que o executivo municipal, que encabeza o socialista Alfredo Llano, anunciase que presentou unha memoria valorada á Xunta de Galicia, segundo a que a nova instalación custaría “entre catro e cinco millóns de euros”, o Partido Popular de Burela acusou de dicir “unha mentira tras outra” ao rexedor sobre a súa visita á secreataria xeral para o Deporte, Marta Míguez.

“Llano limitouse a facerlle entrega a unha administrativa dun dossier de cinco folios, sen que houbese unha entrevista”, afirmou o presidente da xestora do grupo municipal popular, Manuel Rouco.

o pp asegura que o LLANO presentou na xunta “un dossier de cinco follas” E rebate O orzamento ANUNCIADO POLO REXEDOR

DE “CINCO MILLÓNS” A “NOVE”

O PP burelés tamén cuestionou as cifras dadas por Llano e asegurou que o custe do pavillón “non sería de entre catro e cinco millóns de euros, senón de nove”. Ademais, os populares negan que “nesa memoria conste algo sobre a construción da pretendida piscina que anuncia”.

O BNG de Burela cuestiona a dialéctica “bipartidista” e lembra que existen “acordos unánimes tanto no Concello de Burela como na Deputación de Lugo, a expensas da redacción dun proxecto para a construción do novo pavillón. Isto non foi fácil de conseguir e agora algúns parece que non se acordan”, sinala.

O BNG LEMBRA QUE HAI “ACORDOS UNÁNIMES” NO CONCELLO E NA DEPUTACIÓN “E PARECE QUE ALGÚNS NON SE ACORDAN”

TERREOS

O voceiro dos nacionalistas no municipio, Mario Pillado, criticou que Llano “se comprometeu a obter a redacción dun proxecto co que negociar a financiación das institucións antes de outubro e agora anda paseando cunha memoria”. O dirixente do BNG tamén sinala que “Llano fala dun suposto terreo de 10.000 metros cadrados, pero non di nada da súa compra”.

O representante do BNG burelés censurou que “o PP estivo desde o principio á defensiva e volve empregar as institucións no seu propio interese partidista, sabendo que a Xunta de Galicia é quen máis se ten que mollar neste asunto”.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...