InicioPolíticaO BNG de Riotorto critica a xestión da área do Mazo da...

O BNG de Riotorto critica a xestión da área do Mazo da Ferreiravella

Trala renuncia da adxudicataria do local de hostalería da zona, os nacionalistas denuncian que o goberno local "despilfarra recursos" sen potenciar o conxunto etnográfico

Publicada o

- Advertisement -

A empresa que contaba co permiso de explotación do local de hostalería ubicado na zona do Mazo de Ferreiravella renunciou á adxudicación o pasado venres. O BNG de Riotorto lamenta o peche do establecemento “en pleno verán” e critica a xestión que o executivo local está a facer do conxunto etnográfico.

Os nacionalistas esixen que o goberno municipal “aclare cal é o seu proxecto para a área recreativa do mazo. Gastáronse 62.000 euros de axudas públicas en mobiliario novo cando aínda estaba sen usar o adquirido, o que, co peche do local, se confirma como un absoluto despilfarro de recursos”, denuncia a formación frontista, que engade que “o Concello recibiu este mesmo ano uns 7.500 euros para visitas guiadas ao mazo “das que nada se soubo”.

OS FRONTISTAS ASEGURAN QUE “SE RECIBIRON 7.500 EUROS PARA VISITAS GUIADAS DAS QUE NADA SE SOUBO”

O BNG riotortense argumenta que para potenciar o recurso que supón “o potencial da tradición ferreira en Riotorto” é preciso “habilitar prazas de aloxamento e a realizar diversos arranxos no mazo e no seu mecanismo que se foron deteriorando co paso do tempo”.

SEN PLENO

O BNG de Riotorto sinala que agardaba pedir explicacións ao alcalde, o popular Clemente Iglesias, no pleno ordinario que debía celebrarse hoxe e que non se convocou”.

Outro das cuestións que os nacionalistas queren abordar é o caso “dun empregado público contratado para labores de mantemento no concello que prestaba servizos de hostalaría, no seu horario laboral, nunha cafetería de As Rodrigas rexentada por un candidato do PP nas eleccións locais”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...