InicioPolíticaSuman 721 sinaturas para retirar o mastro de telefonía xunto ao Ceip...

Suman 721 sinaturas para retirar o mastro de telefonía xunto ao Ceip Nº1 de Foz

O BNG e a Anpa do centro solicitan que se cumpra o acordo plenario para retirar o aparato, que supón "un perigo" para a comunidade educativa

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Foz entregou hoxe 721 sinaturas no rexistro do Concello para reclamar o cumprimento do acordo plenario unánime para retirar o mastro situado no tellado do edificio da Telefónica, ao pé do Ceip Nº 1. No pacto da corporación focega tamén se inclúe o compromiso de que nunca máis se volvan instalar nese lugar antenas de telefonía móbil ou calquera outro aparello que supoña un perigo para a comunidade educativa do colexio.

O responsable local dos nacionalistas, Francisco Xavier Fanego, e Luisa Vivancos, presidenta da Asociación de Nais e Pais (Anpa) do Ceip Nº 1, rexistraron as sinaturas no consistorio.

O cumprimento do acordo no pleno faise agora inexcusable. O alcalde debe esixirlle a Telefónica que retire o mastro sen dilación. Unha esixencia avaliada polo voto dos membros da corporación municipal”, aseguran os nacionalistas, que engaden que “unha empresa, por potente que sexa, non pode estar por riba dos veciños de Foz”.

ESTADO “LAMENTABLE” DO EDIFICIO

Ademais, o grupo municipal do BNG esixe ao goberno local que obrigue á empresa“a dar unha solución definitiva ao problema dos ruídos procedentes do interior do edificio e a reparar as tuberías situadas nas súas fachadas, que se atopan nun estado de mantemento lamentable, completamente oxidadas e vertendo auga nas beirarrúas cando chove”.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...