InicioPolíticaO Valadouro arranxará a depuradora de Santa Cruz coa achega da Xunta

O Valadouro arranxará a depuradora de Santa Cruz coa achega da Xunta

O investimento do Goberno autonómico, de 165.000 euros, servirá tamén para mercar unha desbrozadora ou custear servizos municipais relacionados co medio ambiente

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda ao Concello do Valadouro por importe de 165.000 euros. Con esta subvención, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, o goberno local executará o arranxo integral da depuradora de Santa Cruz

En concreto, a bonificación servirá para cambiar os equipos de filtración e instrumentalización na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) desta parroquia valadourense.

A depuradora abastece a preto de 260 habitantes e aos depósitos de Ribadela, Río Cabreiro, Vilacemil e A Pedreira. O goberno local presentou ao Goberno galego unha proposta para mellorar a calidade da traída, insuficiente especialmente en épocas de chuvias intensas.

SOSTEMENTO DOS SERVIZOS

A subvención da Xunta permitirá ao Concello mercar unha nova desbrozadora –valorada en 21.700 euros– para tratamentos silvícolas e comprar unha coitela dianteira para o tractor municipal, que se usa na mesma fin.

O Goberno autonómico financiará ademais, cun importe máximo de 36.200 euros, os gastos de funcionamento do servizo de xestión de residuos, limpeza viaria e xestión de auga, así como da brigada de protección e mantemento de espazos naturais.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...