InicioPolíticaA Deputación mellorará a vía que une Cabanas e Riobarba coa capital...

A Deputación mellorará a vía que une Cabanas e Riobarba coa capital municipal

O goberno provincial investirá 104.000 euros en acondicionar 3,5 quilómetros da LU-P-6402

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou na xunta de goberno un investimento duns 104.000 euros na mellora de 3,5 quilómetros da estrada LU-P-6402. En concreto, o ente provincial actuará no treito da vía que vai dende O Vicedo –na LU-P-6404– a Cruz de Pardiñeira e Cristo de Portapena –LU-P-6406-, ata o ramal á LU-P-6401.

As obras consistirán na rehabilitación do firme con aglomerado en quente e na instalación de sinalización horizontal e vertical.

O presidente da Deputación, Darío Campos, sinalou que esta intervención “mellorará as comunicacións dos máis de 150 veciños das parroquias de Santa María de Cabanas e Riobarba, xa que as conecta co núcleo urbano do Vicedo. Deste xeito, terán un traxecto máis cómodo e seguro ao centro médico, a farmacia ou a zona comercial”.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...