InicioPolíticaA revisión de oficio valida as multas tramitadas en Viveiro por persoal...

A revisión de oficio valida as multas tramitadas en Viveiro por persoal municipal

A instrucción non aprecia "vicio de nulidade" nas 807 sancións de tráfico asinadas por traballadores do Concello entre 2016 e 2017

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou este xoves que a revisión de oficio que tramitou polas demandas de nulidade das multas de tráfico impostas por persoal municipal concluíu que non hai irregularidades nos expedientes sancionadores. Polo tanto, o executivo local non deberá devolver o diñeiro aboado polos cidadáns.

No mes de outubro do ano pasado, o PP de Viveiro denunciou que o persoal laboral do Concello tramitara 807 sancións de tráfico entre xaneiro do 2016 e xuño do 2017. Os populares afirmaron que a tramitación correspondía a un funcionario -o inspector principal de Policía Local– e que os expedientes poderían ser nulos ao non aterse ao procedemento administrativo.

o executivo local non deberá devolver o diñeiro aboado polos cidadáns

O expediente encargado polo Concello resalta que non existe neste ámbito unha unanimidade xurisprudencial e que é preciso analizar a concorrencia de diversas cuestións, como a existencia ou non de indefensión, o tipo de procedemento ou a imparcialidade na tramitación do mesmo.

Así, a instrucción do procedemento e o Consello Consultivo de Galicia non atoparon evidencias de que existise un vicio de nulidade. A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, resalta que “a pesar das carencias de persoal funcionario, os procedementos tramítanse segundo a lexislación vixente, garantindo en todo caso os dereitos dos cidadáns”.

o pp denunciou no 2017 que debía ser o inspector principal da policía local quen cursara os expedientes

“ALARMA SOCIAL”

A rexedora criticou a postura dos populares que, afirma, “proporcionaron información sesgada sobre un asunto complexo e causaron unha gran alarma social, pois foron moitos os veciños que se achegaron ao consistorio preocupados polo asunto”.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...