InicioPolíticaA renovada rúa San Roque de Ribadeo abre este mércores ao tráfico

A renovada rúa San Roque de Ribadeo abre este mércores ao tráfico

A vía permanecerá con doble sentido de circulación e perderá aparcamento pero ofrecerá comodidade aos peóns e ao funcionamento comercial

Publicada o

- Advertisement -

A rúa San Roque abrirá ao tráfico este mércores a primeira hora, despois de tres meses de peche pola reforma que o goberno local emprendeu neste vial céntrico e emblemático de Ribadeo.

Tralas actuacións, a estrada seguirá a ser de dobre sentido para a circulación. A idea do executivo municipal foi potenciar o seu carácter peatonal sen entorpecer o funcionamento dos negocios que hai na zona. Así, nesta primeira fase, a costa das prazas de aparcamento para coches, habilitáronse dúas zonas de carga e descarga de 8.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00, e si haberá aparcadoiro para motos e bicicletas.

ALTERNATIVAS PARA ESTACIONAR

A rúa perderá as 50 prazas de estacionamento coas que contaba, pero ofrecerá desfrute para os peóns, que poderán pasear por un vial único na vila, con edificacións indianas a ambos lados da estrada. A alternativa para aparcar será o párking municipal, a uns minutos, ou a zona de Lazurtegui

con edificios indianos aos dous lados da estrada, trátase dun paseo emblemático

O Concello investiu nesta primeira parte do proxecto 484.341 euros. A segunda fase, cun orzamento de 114.591 euros, realizarase no 2019, e afectará ao treito que comprende desde a rúa Vilalba ata a Virxe do Camiño

ACISA

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo valorou o fin das obras. “Alédanos que abran xa a rúa San Roque, tras preto de tres meses pechada para facer as correspondentes obras de reforma”, sinala o presidente do colectivo, que asegura que tralo remate da segunda fase das actuacións “cómpre analizar a situación do tráfico en toda esta zona da vila e ver as posibilidades que hai de realizar algunhas modificacións que desde o noso colectivo empresarial consideramos interesantes”.

LIXO

Sobre a denuncia do PP ribadense de que hai parroquias con lixo acumulado de quince días sen recoller, o alcalde en funcións, Vicente Castro, sinalou que esta situación debeuse a “dúas avarías case seguidas nos camións de recollida” e que “o servizo xa está restablecido“.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...