InicioPolíticaO PP de Ribadeo denuncia que hai parroquias con lixo de "quince...

O PP de Ribadeo denuncia que hai parroquias con lixo de “quince días” sen recoller

Os populares lamentan tamén o estado dalgunhas estradas de titularidade municipal

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Ribadeo denuncia que os contedores do lixo de varias parroquias do municipio levan quince días sen recoller.

O voceiro dos populares ribadenses, Jesús López Penabad, sinala que “tivemos queixas de veciños porque nas parroquias, polo menos nalgunhas como en Covelas, levan quince días sen recoller o lixo. Como comprenderán, en pleno mes de xullo hai vermes nos contedores e preguntámonos que pasa”, expón.

López Penabad califica a actitude do goberno local de “abandono total” e “pasotismo” e insta ao executivo municipal a solucionar esta situación “por sanidade, por estética, por olor e por todo”.

FOCHANCAS NAS VÍAS MEIRENGOS-RINLO

Os populares critican que algunhas estradas municipais, como as que unen Meirengos con Rinlo, atópanse “nun estado lamentable, pois son auténticas fochancas”.

O voceiro dos conservadores solicita ao goberno local que actúe. “Ofertan 255.000 euros para arranxar pistas, pero por favor, que primeiro tapen as fochancas e fagan as estradas transitables”, demanda.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...