InicioPolíticaMartín Ledesma pechará ao tráfico por obras desde o vindeiro mércores

Martín Ledesma pechará ao tráfico por obras desde o vindeiro mércores

Rego das Frores, Alonso Pérez e Jesús Noya tamén ficarán cerradas á circulación polas actuacións

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou que as obras de mellora do firme en Martín Ledesma e en tres rúas do casco antigo –Rego das Frores, Alonso Pérez e Jesús Noya– comezarán o vindeiro mércores, polo que estes viais ficarán pechados ao tráfico. O goberno local pide desculpas polas molestias que as actuacións podan ocasionar e lembra que operarios da Policía Local asesorarán a todos os afectados polos cortes.

Martín Ledesma, unha das rúas máis transitadas de Viveiro ao dar acceso ás zonas escolar e deportiva, estará pechada ao tráfico a partir do mércores, desde a Cruz Vermella ata o polideportivo municipal. As obras neste vial teñen un prazo de execución dun mes.

As melloras nesta rúa consistirán na renovación da capa de rodamento, no acondicionamento das isletas de tráfico, na dotación de pasos elevados de peóns, no saneamento de sumidoiros e canalización de pluviais e no pintado de marcas viais. A Deputación de Lugo financiará as obras, cun orzamento de 97.367 euros.

CASCO

No tocante ás actuacións nas tres rúas do casco, faranse de xeito sucesivo para que as restriccións de tráfico sexan alternas. Empezarase por Rego das Frores, que se pechará á circulación a partir do mércores. Cando as tarefas acaben, previsiblemente nun par de días, cerrarase a rúa Jesús Noya. Finalmente, será a quenda de Alonso Pérez. O goberno local estima que as obras estarán listas nunha semana.

Nas tres rúas do casco reforzarase o firme existente coa incorporación de novas capas, e faranse traballos de albanelería, para elevar as tapas dos pozos de rexistro e sumidoiros. O goberno provincial custeará o orzamento das obras, 57.632 euros.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...