InicioPolíticaRibadeo mellorará con medio millón os accesos a núcleos rurais

Ribadeo mellorará con medio millón os accesos a núcleos rurais

O Concello licitou unha primeira fase que beneficiará a 20 núcleos rurais e prevé publicar a segunda nos próximos días

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo quitou a licitación a mellora de accesos a 20 núcleos rurais do municipio, que suporá un investimento de 255.761 euros, integramente financiado con fondos propios. O alcalde en funcións, Vicente Castro, sinalou que estas obras suporán a primeira fase dun plan que o goberno local publicará nos próximos días e que custeará, cun importe de 251.702 euros, o Plan Único da Deputación de Lugo.

As actuacións consistirán na mellora de accesos con aglomerado nunha vintena de núcleos rurais, que abranguen a ducia de parroquias que hai no municipio. O rexedor en funcións sinalou que a elección dos lugares beneficiados polo proxecto responde a unha decisión “consensuada cos veciños, que nos dixeron as prioridades de actuación en cada unha das fegresías”.

As actuacións enmárcanse nun programa, asegurou Castro, “que iniciamos a finais do 2017 e que vai rematar en marzo do 2019. É unha proposta ambiciosa e con ela contamos darlle unha importante volta tanto aos núcleos rurais do concello de Ribadeo como aos camiños que os comunican entre eles”, explicou. Segundo a previsión do goberno local, ao final do plan teranse investido 725.855 euros, procedentes de fondos propios, do Plan Único da Deputación e do Agader, da Xunta de Galicia”.

PLAN DE REBACHEOS E ASFALTADOS

Castro anunciou que o Concello retomará o plan de rebacheos e asfaltados, que conta cunha partida de 76.000 euros pendentes de executar. Este proxecto, sostén “paralizouse en decembro do 2017 por mor das chuvias e ímolo pór en marcha nesta semana entrante”.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...