InicioPolíticaXove impulsará un concurso de ideas para renovar o centro cívico

Xove impulsará un concurso de ideas para renovar o centro cívico

O Concello asinou un convenio co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para mellorar o complexo en eficiencia enerxética ou accesibilidade

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove asinou un convenio co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a través do que convocará un concurso de proxectos para renovar o complexo do centro cívico municipal, que aglutina edificios como o consistorio, o centro cultural, a piscina ou o polideportivo-. O acordo tamén facilitará optar a fondos europeos FEDER, que premian as inversións que favorecen o paso a unha economía baixa en carbono.

As instalacións, con 30 anos de antigüedade, precisan de melloras enerxéticas, da envolvente térmica, das formas estéticas e de accesibilidade dos edificios. O seu deseño foi o resultado dun concurso aberto no que participaron 20 equipos de arquitectura, e a intención do goberno local xovense é repetir a fórmula.

Sinatura do convenio. AXM

AUDITORÍA

Na primeira parte do convenio licitarase a auditoría dos seis edificios que forman o complexo, para obxectivar as súas necesidades en aspectos coma a seguridade, o aforro enerxético ou a accesibilidade.

A continuación, convocarase un concurso público, aberto e anónimo, cunha primeira fase de compilación de ideas, da que sairán tres propostas, e unha segunda quenda na que os tres arquitectos elixidos desenvolverán os seus plans para o complexo. O gañador desta última criba será o encargado de realizar o proxecto de execución.

Asinaron o convenio o alcalde xovense, Demetrio Salgueiro, e Raúl José Veiga, presidente do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia en Lugo.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...