InicioPolíticaLlano pide á Xunta mellor servizo de bus ás cidades

Llano pide á Xunta mellor servizo de bus ás cidades

O rexedor burelés solicitou unha parada no Hula na liña a Lugo e conexións nas fins de semana coa Coruña

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, mantivo unha xuntanza coa empresa Tema Grupo Consultor, que traballa para a Xunta de Galicia, para abordar melloras no servizo de autobuses.

Unha das solicitudes que o rexedor burelés realizou foi o establecemento dunha liña de autobús con saída ás 8.00 horas de Burela con destino Lugo, e que faga unha parada no Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula). Actualmente hai un servizo que parte da localidade ás 6.00 horas, e o alcalde entende que de retrasalo os veciños seguirían a ter marxe para facer as súas xestións.

Outra das peticións de Llano foron conexións coa Coruña nas fins de semana. “Hai moita xente vivindo alí, estudando ou traballando, e espúxome esta preocupación de non ter liña nin os sábados nin os domingos. O rexedor burelés tamén solicitou unha conexión con Santiago os sábados.

PARADA EN ARCADIO PARDIÑAS

O alcalde de Burela tamén propuxo que haxa unha parada intermedia en Arcadio Pardiñas entre a estación de autobuses e o Hospital da Costa nos servizos de cercanías.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...