InicioPolíticaBurela planea un pavillón multiusos con 2.500 asentos na zona de Vista...

Burela planea un pavillón multiusos con 2.500 asentos na zona de Vista Alegre

O Concello conta cun solar de 3.000 metros cadrados na zona, que quere converter nunha cidade deportiva

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela pretende construír un pavillón multiusos na área de Vista Alegre, ao pé da zona escolar -atópanse alí o colexio público do mesmo nome, unha gardería e os institutos Monte Castelo e O Perdouro-. A intención do goberno local é crear deste xeito unha cidade deportiva, ao aproveitar a cercanía doutros recintos, entre eles o que serve de sede ao Pescados Rubén Burela FS.

O solar onde se ubicará o proxecto serve na actualidade de aparcadoiro nos días de partido desta mesma entidade deportiva. Segundo apunta o alcalde burelés, o socialista Alfredo Llano, o Concello conta nesa área “con 3.000 metros cadrados de titularidade municipal, que iremos abrindo se é necesario”. O goberno local quere dispór tamén un amplo aparcadoiro, que non só beneficie aos usuarios do novo recinto deportivo, senón tamén aos dos centros educativos e aos do Hospital da Costa.

AFORO DE 2.500 ASENTOS

O Concello encargou a un estudo de arquitectura unha memoria técnica e económica do proxecto, que prevé ter listo nun mes. O goberno local pediu á empresa o orzamento e a superficie necesarias para a construción dun pavillón multiusos, cunha capacidade de 2.500 espectadores sentados e con salas de exposicións e ximnasio.

GRADAS MÓBILES PARA CONCERTOS

Outra das indicacións do Concello é que o pavillón teña capacidade para acoller eventos culturais ou musicais de gran aforo. O alcalde burelés, o socialista Alfredo Llano, explica que o edificio “terá gradas polos catro lados da pista, que poderán ser recollidas e permitir a entrada de máis xente”, asegura o rexedor.

Llano afirma que o goberno local pediu tamén á empresa que contemplase un espazo para a ubicación futura dunha piscina. “Temos unha demanda de moitos clubs deportivos, pero queremos aproveitar para facer un proxecto de futuro que mellore Burela en máis ambitos”, sinala o rexedor.

A partir da entrega da memoria, co orzamento, o goberno local iniciará as xestións coas institucións para buscar financiamento e así concretar o acordo adoptado polo pleno municipal. “O Concello tamén fará un esforzo e queremos polo menos pagar o proxecto e achegar os terreos”, apunta.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...