InicioPolíticaCervo rehabilita as escolas vellas coa achega da Deputación

Cervo rehabilita as escolas vellas coa achega da Deputación

As obras, que afectarán ao exterior e o interior do edificio, teñen un orzamento de 170.000 euros e o goberno local agarda que rematen "en tres meses"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo iniciou os traballos de rehabilitación do edificio coñecido como as escolas vellas, inmoble que albergaba o antigo colexio unitario do núcleo. O orzamento das actuacións ascenderá a 170.000 euros, financiados pola Deputación de Lugo a través do Plan Único que impulsa o goberno provincial. O goberno local prevé que as obras conclúan en tres meses.

O edificio, que conta cunha superficie de 270 metros cadrados, cumpriu o ano pasado o seu centenario e é un legado dos emigrantes a AméricaNa actualidade serve como sede social da asociación cultural Airiños do Xunco, entidade organizadora da Queimada Popular de Cervo e doutras actividades ao longo do ano no municipio. Tamén é utilizado por outras agrupacións da mesma fin.

ACTUACIÓNS

O proxecto consta de cambios na estrutura da cuberta; instalaranse novos canalóns e baixantes para evitar filtracións de auga. Ademais, acometerase un saneamento exterior e interior para evitar humidades e mellorarase o illamento térmico e acústico.

Dentro das actuacións tamén se inclúe a substitución das carpinterías exteriores por novas portas e ventás de PVC, e incorporaranse dous baños dentro do edificio -un deles adaptado-, xa que os que había na actualidade estaban no exterior do mesmo. As obras afectarán igualmente á parte externa do inmoble, coa intención de dotalo dunha mellor accesibilidade. 

O alcalde, Alfonso Villares, o edil de obras, Plácido Pérez e o presidente de Airiños do Xunco, Rafael Blas, achegáronse ao inmoble para comprobar as actuacións.

ÚLTIMAS

Ana Pena, guía: “Recomendo visitar o interior da comarca, un lugar pouco coñecido”

-Como te iniciaches nesta actividade de organizar percorridos e rutas turísticas na Mariña? Estudei Turismo...

Accidente mortal en Ribadeo logo dun accidente múltiple entre catro vehículos

Un condutor faleceu na tarde-noite deste pasado xoves na localidade lucense de Ribadeo tras...

Detido un veciño de Foz que tiña unha orde de ingreso en prisión

A Garda Civil detivo a un veciño de Foz sobre o que pesaba unha...

A Xunta cre que Alcoa non dixo “claramente” que non ía cumprir os compromisos do arranque e o Goberno confía en que se cumprirán

O conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, José González, non cre "que dixese claramente...