InicioPolíticaA Xunta desafecta o centro de saúde de Barreiros

A Xunta desafecta o centro de saúde de Barreiros

O alcalde asegura que a medida suporá "entre 30.000 e 60.000 euros de aforro" para as arcas municipais

Publicada o

- Advertisement -

O Xunta de Galicia aprobou a desafectación do centro de saúde de San Cosme de Barreiros, que pasará a depender integramente do Executivo galego. O alcalde barreirense, Alfonso Fuente Parga, asegura que a medida suporá un aforro para o municipio de “entre 30.000 e 60.000 euros en limpeza, mantemento e outros gastos do centro de saúde“.

O rexedor considera que “a Xunta segue a colaborar co noso concello”, e interpreta a desafectación do ambulatorio como “unha axuda do Goberno galego ao municipio con carácter anual“.

“Ás veces preocupámonos moito de acadar subvencións. Podemos dicir que isto é como recibir unha desas cantidades todos os anos, porque a limpeza e mantemento das instalacións supuña un gasto contínuo todos os anos para os veciños e veciñas de Barreiros, que tiñamos que facernos cargo do centro de saúde”, concluíu o rexedor barreirense. 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...