InicioPolíticaA Xunta acondicionará con 500.000 euros o núcleo da Aldea, en Cervo

A Xunta acondicionará con 500.000 euros o núcleo da Aldea, en Cervo

O Goberno galego mellorará a rede de servizos e infraestruturas en tres rúas do casco urbán

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia investirá preto de 500.000 euros nas obras de renovación de servizos e infraestruturas en varias rúas do núcleo urbán de Cervo. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio custeará actuacións na área que abrangue a rúa Calabadexo, rúa da Aldea e Xosé Álvarez.

As obras consistirán na renovación das redes de abastecemento e saneamento, no soterramento das redes de iluminación pública, subministro eléctrico e telefonía, na renovación da calzada e na instalación de novo mobiliario urbano. Tamén se mellorará a pavimentación da calzada, creando espazos diferenciados para os peóns e para o tráfico rodado.

MELLORAS

O Executivo autonómico resalta que as obras permitirán dotar de hidratantes e bocas de rego ás rúas e independizar as redes de sumidoiros de augas pluviais e residuais, ao evitar que as primeiras discorran ata a depuradora. Ademais, aseguran desde o Goberno galego, a canalización soterrada do cableado favorecerá o aspecto estético da zona. A superficie do ámbito de actuación é de 1.782,33 metros cadrados.

PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

A Xunta asume a totalidade do investimento no proxecto, englobado nun programa de axudas da Consellería que pretende fomentar un adecuado desenvolvemento urbanístico das vilas, con actuacións orientadas a frear o despoboamento, potenciando as infraestruturas, servizos e equipamentos. O Executivo autonómico asume o 100 por cento do orzamento das obras nos municipios de menos de 5.000 habitantes, como é o caso de Cervo.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou o lugar acompañado do alcalde cervense, o popular Alfonso Villares.

ÚLTIMAS

Esixen á Xunta de Persoal demostrar que son os convocantes das concentracións no Hospital de Burela

A Dirección do Hospital esixe por escrito que a Xunta de Persoal demostre que...

Política Social non aborda os problemas de Foz no Parlamento

A conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta parlamentaria da...

A Praza de Abastos de Viveiro recibe máis de 47.000 euros para a súa revitalización

O Concello de Viveiro recibiu unha axuda de 47.702,40 euros da Consellería de Emprego,...

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...