InicioPolíticaAlfoz estrea aparcadoiro de caravanas, con 40 prazas

Alfoz estrea aparcadoiro de caravanas, con 40 prazas

A instalación, financiada pola Deputación con 36.000 euros, está na parroquia de San Pedro de Mor

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Alfoz conta desde este luns cun novo aparcadoiro de autocaravanas. A instalación está situada na parroquia de San Pedro de Mor, a carón do parque municipal, o campo de fútbol e o campo da festa. Conta cunha extensión de preto dunha hectárea e ten capacidade para 40 caravanas. 

O aparcadoiro conta con servizos de auga, luz e xestión de verquidos. A área foi deseñada cun afán de facilitar a súa estancia ás familias. Os nenos poderán desfrutar da proximidade da piscina e o parque, dunha zona de descanso coa sombra dos castiñeiros e de aparellos para facer exercicios ximnásticos.

a área CONtará con SERVIZOS DE AUGA, LUZ E XESTIÓN DE VERQUIDOS e está situada preto do parque e a piscina

“IMPULSO PARA O TURISMO E O RURAL”

A Deputación de Lugo financiará a obra, cun orzamento de 36.000 euros, en terreos que achega o Concello. O deputado de relacións institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o alcalde, o socialista Jorge Val, inauguraron a instalación este luns, á que asistiu tamén o tenente de alcalde alfocense, Xabier Pardiñas.

Santos Ramos destacou que a nova área suporá “un impulso para o turismo da zona, e para a difusión do patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca”. Nestes senso apuntou que “este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes de Alfoz e a xeración de riqueza, nun entorno natural e único como é o deste concello mariñao”.

Val, pola súa banda, agradeceu a “colaboración” do ente provincial “en proxectos que buscan pór en valor o noso territorio, aproveitando as características propias das que dispomos, nunha clara aposta pola defensa do rural”.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...