InicioPolíticaO PP de Burela acusa ao Concello de "inacción" nas xestións do...

O PP de Burela acusa ao Concello de “inacción” nas xestións do novo pavillón

Os populares aseguran que a Deputación non pode reservar crédito para a obra "porque non sabe o que custa"

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Burela asegura que a Deputación “non reserva partida orzamentaria para construír un pavillón novo porque descoñece os custes da obra, o que deixa en evidencia a xestión do alcalde”, o socialista Alfredo Llano.

Os populares lembran que a corporación municipal de Burela acordou a construción dun pavillón nun pacto que contempla que o Concello debe adquirir os terreos, redactar o proxecto e cifrar o gasto antes de adoptar iniciativas de financiamento da instalación deportiva.

O grupo municipal do PP insiste en que “non hai nada feito porque ninguén sabe canto custa o novo pavillón e, polo tanto, o goberno da Deputación non fai reserva de crédito para cofinanciar a obra. Os seus propios compañeiros están a enmendarlle a plana ao alcalde, e dinlle que ou fai o que ten que facer, ou non poden facer reserva de partida orzamentaria”.

DOUS ANOS SEN AVANCES

O PP de Burela considera “lamentable” que, dous anos despois de que o clube lle notificara ao concello as demandas da Liga Nacional de Fútbol Sala, “o titular municipal non teña executado absolutamente nada. O alcalde poderá presumir cando remate o seu mandato dun ‘book’ fotográfico de presentación de eventos, pero non de resolución dos problemas do concello”, sosteñen os conservadores.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...