InicioPolíticaO PP de Trabada denuncia que o pleno de organización está "fóra...

O PP de Trabada denuncia que o pleno de organización está “fóra de prazo”

Os conservadores atribúen o retraso en convocar a sesión plenaria á alcaldesa, á que acusan de "deixadez de funcións"

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Trabada criticou ao goberno socialista por convocar o pleno de organizaciónfóra de prazo”. Trátase dunha cuestión que o grupo conservador considera que “non é menor”, senón que “é un asunto de vital importancia para comezar a traballar canto antes e atender ás demandas da veciñanza”.

Segundo expoñen os populares, o Real Decreto 2568/86, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Rexime Xurídico das Corporacións Locais, a sesión plenaria organizativa debía ser convocada no prazo de un mes desde o pleno constitutivo, celebrado o pasado 15 de xuño.

O PP trabadense argumenta que dilatar a súa celebración implica que “aínda non saibamos que responsabilidades van coller os concelleiros do PSdeG-PSOE, proposta de salarios, periodicidade dos plenos e das xuntas de goberno, no caso de que as haxa”. Cuestións, afirman, “todas ellas vitais para o funcionamento do día a día do Concello”.

Os edís do PP en Trabada censuran que, “o que debera ser un paso inmediato, a rexedora o demorase ata o punto de que “xa é imposible que se celebre nos tempos fixados organicamente”, e non descartan que “esta deixación de funcións” veña dada polas novas responsabilidades que a alcaldesa vén de asumir na Deputación Provincial de Lugo”.

A rexedora, a socialista Mayra García Bermúdez, manterá as áreas que levou no anterior mandato.

INSTAN AO GOBERNO A “TER AS COUSAS AO DÍA”

O voceiro dos populares trabadenses, José María Fernández, cre que estas competencias “poden facer que xa se esquecese de Trabada e dos asuntos municipais. Sería moi grave que se demostrase que á alcaldesa lle interesa máis ir a Lugo que atender aos seus veciños”, conclúe.

Vázquez agarda que esta sexa “a última” ocasión na que se produza “un episodio semellante” e insta á rexedora a que “manteña ao día” os asuntos municipais, pois isto, indica, “é o mínimo que debe facer logo de obter a confianza da cidadanía nas urnas”.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...