InicioPolíticaA Deputación limpa 238 quilómetros de vía en nove municipios mariñaos

A Deputación limpa 238 quilómetros de vía en nove municipios mariñaos

As obras comezaron na zona occidental e central da comarca, e tamén haberá rozas na Pontenova e Riotorto

Publicada o

- Advertisement -

Esta semana comezaron os traballos de desbroce da rede viaria provincial, nos que a Deputación de Lugo investirá 705.600 euros en 52 concellos da provincia.

As actuacións comezaron na comarca da Mariña Lucense. Burela, Cervo, O Valadouro, Foz e Alfoz foron os primeiros concellos onde se levaron a cabo tarefas de limpeza de maleza. Os traballos de roza seguiron nos municipios de O Vicedo, Ourol, Viveiro e Xove. Nas dúas xornadas limpáronse en total 238 quilómetros de estrada.

“A REDE PROVINCIAL MÁIS EXTENSA DE ESPAÑA”

Nas vindeiras semanas tamén se realizarán estes traballos nos concellos da Pontenova e Riotorto. Segundo o vicepresidente do ente provincial e deputado de vías e obras, Argelio Fernández Queipo, o plan de rozas da Deputación axeitará “a rede provincial máis extensa de España, con 4.300 quilómetros”.

O obxectivo do plan é “mellorar a seguridade dos condutores ao facilitar a visibilidade e reducimos o risco de avance das lapas no caso de producirse un incendio forestal, ao tempo que xeramos traballo do que se benefician moitos autónomos e pequenos empresarios da provincia”, explicou Fernández Queipo.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa presenta un informe sobre Ignis EQT antes da asemblea de traballadores

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, traslada un informe...

Presentación do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais en San Cibrao

O Museo Provincial do Mar de San Cibrao acollerá o vindeiro sábado 21 de...

Continúa a Semana da Infancia en Burela con actividades para todos e todas

A Semana da Infancia organizada polo Concello de Burela continúa esta semana co desenvolvemento...

Presentado o plan de salvamento e seguridade en Ribadeo para este verán

Ribadeo presentou hoxe o Plan de Salvamento e Seguridade para este verán e procedeu...