InicioPolíticaA Deputación mellora cinco quilómetros da vía Trabada-Barreiros

A Deputación mellora cinco quilómetros da vía Trabada-Barreiros

O ente provincial investirá 355.000 euros nas obras da LU-P-6103, a única vía que une os dous concellos

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo comezou as obras de mellora de máis de cinco quilómetros da estrada LU-P-6103, que conecta Trabada con Barreiros. O presidente do ente provincial, Darío Campos, supervisou as actuacións, que contan cun investimento de 355.000 euros.

O treito afectado vai do punto quilométrico 11,9 ao 17,3, e os traballos consisten na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, na mellora da drenaxe, na limpeza de cunetas e na renovación e repintado da sinalización horizontal e vertical, que servirá para incrementar a seguridade vial.

HOSPITAL DA COSTA

Campos sinalou que as obras “benefician a 4.000 mariñaos que viven en Barreiros e Trabada”, posto que a LU-P-6103 é a única estrada que conecta os dous concellos. “Ademais”, engadiu o presidente da Deputación, “é a vía que dá acceso ao Hospital da Costa de Burela. Conta con moito volume de tráfico de vehículos pesados, pois pasa ao carón dunha planta de lixo de Sogama, situada na Insua en Barreiros, que presta servizo á maioría de concellos da Mariña”.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...