InicioPolíticaA Deputación asume a residencia de Trabada para abrila a finais de...

A Deputación asume a residencia de Trabada para abrila a finais de ano

Trala sentencia que anula os estatutos de Suplusa, o ente provincial pon ao seu nome o centro, xa rematado

Publicada o

- Advertisement -

Despois da sentencia que declarou ilegal a composición do consello de administración de Suplusa, a Deputación de Lugo anunciou que está a inventariar as residencias de Trabada, Pol e Castroverde, xa rematadas, para poñelas a nome do ente provincial e axilizar a súa posta en marcha, co “obxectivo” de abrilas “entre finais de ano e principios de 2019”.

O presidente da Deputación, Darío Campos, asegurou que “o regulamento e a ordenanza fiscal” dos tres centros de maiores “están practicamente listos para entregar aos concellos”.

Estes tres centros de maiores están rematados, ademais do da Fonsagrada. No caso da residencia fonsagradina, a Deputación ordenará a extinción da econmenda de xestión de Suplusa, para inventariala e solicitar o seu Permiso de Inicio de ActividadePIA-, aínda non demandado pola sociedade urbanística provincial.

RIBADEO

Os centros que quedan por concluír son o de Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil, que serán os seguintes en inventariar. A residencia de Ribadeo, por outra banda, xa figura a nome do Concello ao ser construída polo municipio con fondos do organismo provincial.

A Deputación tratou na xunta de goberno a sentencia da Audiencia Provincial de Lugo que anula os Estatutos de Suplusa, así como o consello de administración da sociedade e os acordos adoptados polo mesmo, que afectan á rede pública de residencias e centros de día construídos con fondos públicos do ente provincial.

CONVENIOS DE COLABORACIÓN

Ademais, Campos informou de que tivo lugar unha xuntanza cos alcaldes e técnicos de Trabada, Pol, A Fonsagrada, Ribadeo, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil para asinar os convenios de colaboración aprobados, que garanten que as as prazas de residencia -190- e de centro de día -90- que ofrecen os seis centros serán para veciños da provincia, con prioridade para os do Concello e cun acceso universal, independentemente da capacidade económica dos usuarios, para o que a Deputación deberá achegar axudas.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa presenta un informe sobre Ignis EQT antes da asemblea de traballadores

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, traslada un informe...

Presentación do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais en San Cibrao

O Museo Provincial do Mar de San Cibrao acollerá o vindeiro sábado 21 de...

Continúa a Semana da Infancia en Burela con actividades para todos e todas

A Semana da Infancia organizada polo Concello de Burela continúa esta semana co desenvolvemento...

Presentado o plan de salvamento e seguridade en Ribadeo para este verán

Ribadeo presentou hoxe o Plan de Salvamento e Seguridade para este verán e procedeu...