InicioPolíticaPrincipio de acordo entre goberno e FPF para desbloquear a residencia

Principio de acordo entre goberno e FPF para desbloquear a residencia

O Concello accede a incluír no plan económico 200.000 euros de axudas para que os maiores con menos recursos accedan a unha praza no xeriátrico

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local focego e Foz Plataforma de Futuro (FPF) chegaron a un principio de acordo para desbloquear a residencia. O executivo municipal incluirá nunha nova proposta de orzamentos e no plan económico financieiro as demandas de FPF, entre as que está a dotación dunha liña de subvencións de 200.000 euros para que os maiores con menor poder adquisitivo podan acceder a unha praza no xeriátrico sen gastar máis do 75 por cento das súas pensións. O pacto deberá recibir o visto bo da asemblea do grupo independiente, para a que aínda non hai data.

DEMANDAS

A bonificación das tarifas da residencia por parte do Concello foi principal das medidas plantexadas por FPF, que esixiu axilizar a posta en marcha da centro. Os independentes tamén solicitaron aumentar de 100.000 a 120.000 euros o investimento nun pran de emprego e a execución dunhas obras que consideran “urxentes”, como a urbanización da rúa Fonte da Cruz -cun gasto de 50.000 euros-, a mellora da traída de Mañente -30.000 euros- e o arranxo do camiño de Pedrido, con 20.000 euros. O goberno local incorporará aos orzamentos todas estas demandas.

o alcalde prevé que a apertura do centro sexa “o vindeiro 1 de xaneiro”

No tocante á residencia, os independentes pediron de inicio que se garantise a súa posta en funcionamento durante 2018, pero o Concello resalta que “teremos que levar a adxudicación a concurso e hai un prazo duns catro meses que non podemos saltar. O lóxico sería que o centro poda abrir o 1 de xaneiro do 2019”, explica o alcalde, o popular Javier Castiñeira. O centro leva construído e equipado case tres anos, o que resulta grave polo mal estado do actual asilo, que levou a Mensajeros de La Paz a ameazar co peche.

ORZAMENTOS DE MÍNIMOS

O rexedor advirte que presentará uns orzamentos de mínimos, “peores ca os presentados no pasado mes de maio, porque o presuposto de gastos vaise reducir nun 600.000 euros”. Con todo, Castiñeira cre que o principio de acordo é “unha boa nova. Somos conscientes de que ao gobernar en minoría as cousas son complexas e temos que ceder. Agradecemos a actitude construtiva de FPF e agardamos que o pleno vaia nas circunstancias normais”, remata.

“A DECISIÓN MÁIS IMPORTANTE” DA LEXISLATURA

Luis Alfonso Sixto, voceiro dos independentes, argumenta que “os nosos maiores non podían pasar nin un minuto máis no asilo. Pensamos que a dotación das axudas son un gran avance, pois os usuarios poderán desfrutar do centro e gardar un 25% das súas pensións”. O líder de FPF considera que “de saír adiante a residencia, podería ser a decisión máis importante da lexislatura”.

AVENIDA DE RIBEIRA

Foz Plataforma de Futuro presentou unha moción para instar ao Concello a solucionar os problemas das beirarrúas na Avenida de Ribeira, na zona portuaria, “moi transitada por visitantes e veciños e con moitos locais de hostalería”. 

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...