IniciosociedadeBarreiros queda sen debate tras renunciar o alcalde

Barreiros queda sen debate tras renunciar o alcalde

As 18 asociacións barreirenses que promoven a cita lamentan que o rexedor e candidato popular, Alfonso Fuente Parga, non respaldase a iniciativa, tal e como aconteceu en 2015

Publicada o

- Advertisement -

Barreiros quedará finalmente sen debate público sobre as vindeiras eleccións municipais despois da renuncia do alcalde.

A organización, á que se adheriron un total de 18 asociacións barreirenses, lamenta que o rexedor e candidato do Partido Popular (PP), Alfonso Fuente Parga, aducise “motivos persoais” para non aprobar a proposta.

As alcaldables de Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Ermida, e PSdeG-PSOE, Carmen Veiga, si confirmaron a súa presenza.

A organización do debate público lembra que hai catro anos foi promovida esta mesma iniciativa e tampouco se puido levar a cabo pola negativa de Fuente Parga. As asociacións convocantes lamentan que o PP non propuxese que o número 2 da lista conservadora substituíra ao alcalde e candidato popular.

o candidato do bloque á alcaldía de burela, mario pillado, cre que un debate “é fundamental” para unha campaña “democrática”

O BNG PIDE OUTRO EN BURELA

O candidato do BNG de Burela, Mario Pillado, propuxo este martes a celebración dun debate público entre os candidatos á alcaldía.

Pillado sostivo que este evento é “fundamental” para que o desenvolvemento da campaña sexa “o mais democrático e transparente posible”, e lembra que na anterior campaña “non se celebrou ningún debate público ao que os veciños e as veciñas tiveran acceso en directo. En Burela temos un escenario idóneo para iso no auditorio da casa da cultura, con moita capacidade e espazo suficiente para os medios”, explicou.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...