InicioPolíticaA Xunta licita o arranxo da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros

A Xunta licita o arranxo da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros

Os municipios de Xermade, Ourol e Muras tamén se beneficiarán das actuacións

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia licitou os traballos de reforzo do firme dun treito de cinco quilómetros na estrada autonómica da Gañidoira, a LU-540, entre Viveiro e Cabreiros. Catro concellos lucenses, dous deles mariñaos, beneficiaranse das actuacións: Ourol, Viveiro, Xermade e Muras.

As actuacións consistirán no fresado dos puntos deteriorados da estrada e o posterior estendido dunha nova capa de rodaxe en mestura bituminosa en quente. O novo pavimento ofrecerá unha mellor adherencia para unha estrada, a da Gañidoira, que soporta moito tráfico e condicións climáticas adversas.

Ademais, repintaránse as marcas viarias e reporase a sinalización horizontal. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten previsto que os traballos comecen en setembro, e o prazo de execución será de seis meses.

1,2 MILLÓNS DE INVESTIMENTO

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, presentou o proxecto no núcleo de Merille, acompañado e técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, aos alcaldes de Xermade e Ourol. Balseiro resaltou que, logo da actuación realizada o ano pasado, o Goberno galego terá investido ao remate desta intervención 1,2 millóns de euros nesta vía.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...