InicioPolíticaUdival concorre de novo ás eleccións municipais tras non presentarse no 2015

Udival concorre de novo ás eleccións municipais tras non presentarse no 2015

María José Fernández liderará de novo a lista independente do Valadouro, ausente en 2015, co ex edil do PSOE Pedro Paz como número 2

Publicada o

- Advertisement -

Unión Democrática Independiente do Valadouro (Udival) presentarase de novo ás eleccións municipais, tras non facelo en 2015.

A formación independente, que acadou dous edís e que, logo dunha moción de censura contra o executivo de José Manuel Lamela (PP), gobernou en coalición co PSdeG-PSOE desde 2013 a 2015, non concorreu aos comicios locais dese mesmo ano. As discrepancias entre os dous partidos que formaron o bipartito foron notorias.

Á fronte da candidatura estará de novo, como hai oito anos, María José Fernández, que contará co ex edil do PSdeG-PSOE durante o bipartito Pedro Paz González como número 2. “Únenos unha maneira de traballar”, explica a cabeza de listaxe da formación independente.

entre 2013 e 2015, udival, que obtivo dous edís en 2011, gobernou en coalición co psoe a través dun polémico pacto

Noé Fernández Rolle, que formou parte da anterior lista, irá no terceiro posto da candidatura de Udival.

OBXECTIVOS

O centro de día, a declaración de Interese Turístico Galego do Mercado da Primavera ou a potenciación dos sectores forestal e apícola son algúns dos obxectivos da formación. “Están por acadar, ninguén falou deles nestes anos e por iso volvemos, con poucas propostas pero concretas, e sen alucinacións”, explica Fernández.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...