InicioPolíticaO PSOE de Lourenzá incorpora outra cara nova para as municipais, Sonia...

O PSOE de Lourenzá incorpora outra cara nova para as municipais, Sonia Gavino

A educadora social de San Adriano súmase á alcaldesa, Rocío López, o voceiro do goberno, Manuel Arango, e o presidente da Acial, Javier Huertas, que integrarán a candidatura socialista

Publicada o

- Advertisement -

A candidatura do PSdeG-PSOE de Lourenzá para as eleccións municipais, que liderará a alcaldesa, Rocío López, incorpora outra cara nova, Sonia Gavino Reigosa.

Gavino, natural da parroquia de San Adriano, colaborou en varias ocasións na organización das festas patronais. É educadora social e técnico en actividades deportivas.

López asegura que se trata “dunha rapaza nova que aporta aire fresco e renovación ao partido e un exemplo da xuventude e do futuro da agrupación socialista. É moi coñecida, próxima á mocidade, unha muller seria e responsable e cunha gran capacidade de traballo”, afirmou.

Gavino destacou o seu “compromiso de traballar para os meus veciños, engadindo novas ideas ao proxecto social da alcaldesa e de desenvolver iniciativas que redunden na mellora da calidade de vida da cidadanía”.

Días atrás, o PSOE de Lourenzá presentou a outra das novidades da listaxe, o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autonómos de Lourenzá (Acial), Javier Huertas. Tamén confirmou que o voceiro do equipo de goberno, Manuel Arango, formará parte da candidatura.

A LISTA COMPLETA, O DÍA 21

López avanzou que os socialistas presentarán a lista completa para as eleccións municipais o vindeiro domingo, 21 de abril.

A alcaldesa e candidata do PSdeG-PSOE afirmou que “será unha candidatura que representará ao conxunto da sociedade do Concello, formada por persoas cun denominador común: a seriedade, a honestidade e o compromiso cos veciños”.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...