InicioPolíticaA Deputación repara a fachada da igrexa de Celeiro

A Deputación repara a fachada da igrexa de Celeiro

As actuacións, que inclúen a reposición do falso teito interior, custarán 80.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo investirá 80.000 euros nas obras de mellora da igrexa de Celeiro. En concreto, as actuacións consistirán na reparación da fachada e da cuberta, así como na reposición do falso teito interior.

“CENTRO DE REUNIÓN”

O presidente do ente provincial, Darío Campos, e maila alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, revisaron as tarefas, que comezaron este xoves. Campos remarcou “que este investimento beneficiará ao conxunto dos veciños de Celeiro. Desde A Deputación reivindicamos uns bos servizos para mellorar a súa calidade de vida, xa que este edificio é utilizado tamén como centro de reunión das asociacións do barrio”.

INVESTIMENTOS

O presidente do goberno provincial destacou que a Deputación “xa investiu na rúa Rego da Fonde, paralela á igrexa, un total de 187.500 euros”. Campos asegurou que “é unha das estradas máis importantes da parroquia, cuns 2.000 veciños, e pola que transitan gran cantidade de peóns”.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...