InicioPolíticaO BNG de Foz desmárcase do PP e fala de orzamentos "sen...

O BNG de Foz desmárcase do PP e fala de orzamentos “sen sensibilidade social”

Os nacionalistas deixan clara a súa postura tralo anuncio de Castiñeiras de que negociaría con cada grupo municipal

Publicada o

- Advertisement -

Nunha semana na que o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, anunciou que faría achegamentos aos grupos políticos do municipio para tentar sacar adiante os orzamentos para 2018, o grupo municipal do BNG desmárcase do PP e reitera o seu rexeitamento ás contas públicas.

Os orzamentos “non presentan ningunha solución para os grandes temas que afectan á veciñanza e demostran a falta de sensibilidade social con aqueles que máis precisan das administracións públicas”, argumentou a voceira do BNG focego, Lorena Seivane, que engade que os presupostos olvidan “ducias de propostas aprobadas polo pleno municipal ao longo do 2017”.

A xuízo dos nacionalistas, “estamos diante dunhas contas falseadas, con moitas actuacións que non serían executables e que rematarían por engordar a débeda. Un exemplo”, expón Seivane, “é a partida de ingresos, engordada en preto dun 100% co obxectivo de garantir a nivelación orzamentaria, cando é de sobra coñecido que unha boa parte dos ingresos son imposibles de recadar por ter prescrito os seus prazos legais”.

“CHANTAXE”

Non imos tolerar que o alcalde chantaxee aos veciños de Foz e que tente culpar da súa incapacidade aos grupos da oposición”, conclúe Seivane.

ÚLTIMAS

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...

Charla en Burela sobre cambios normativos que afectan a persoas con dano cerebral adquirido

O Concello de Burela acolle, no Salón de Plenos, unha sesión informativa sobre os...