InicioPolíticaO pleno de Burela acorda construír un novo pavillón

O pleno de Burela acorda construír un novo pavillón

A corporación cifra en catro meses o prazo para redactar o proxecto e acadar os terreos necesarios

Publicada o

- Advertisement -

A corporación municipal de Burela acordou por unanimidade a redacción dun proxecto de construcción dun novo pavillón polideportivo. O goberno local deberá, segundo o acordo acadado no pleno, completar os trámites de elaboración e a posta a disposición dos terreos necesarios nun prazo de catro meses. Finalmente, tratará coa Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o Goberno central o financiamento da obra.

No pasado mes de maio, o Pescados Rubén Burela solicitou o pavillón de Viveiro ao non cumprir Vista Alegre coa normativa estipulada pola Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS). O grupo municipal do BNG presentou unha moción no pleno para solucionar este problema, compartido por outros clubs deportivos do municipio que padecen o colapso das instalacións deportivas do concello.

O BNG burelés propuxo así a redacción dun proxecto de reforma do pavillón de Vista Alegre ou para a construcción dun novo recinto, con terreos que debe achegar o Concello de Burela, e presentou outra moción para que goberno local instase á Xunta e á Deputación a cofinanciar a obra.

O grupo municipal do PP presentou unha enmenda de engádega para cifrar en tres meses o prazo de redacción do proxecto, pero finalmente a corporación burelesa acordou deixar un mes máis de marxe para a súa consecución.

O ARRANXO DE VISTA ALEGRE, DESCARTADO

O grupo municipal do PSOE, finalmente, descartou nunha enmenda de substitución a posibilidade dun arranxo de Vista Alegre polo seu excesivo custo. Segundo apuntou semanas atrás o alcalde, o socialista Alfredo Llano, a reforma requerida para adaptar o pavillón ás condicións estipuladas pola normativa da LNFS suporía un desembolso duns 800.000 euros.

O PP, CRÍTICO

O PP de Burela asegurou nun comunicado que “non cremos no alcalde nin na súa palabra, e dubidamos seriamente de que cumpra o acordado no pleno”. Os populares destacan a “negativa inicial” do alcalde e do seu equipo a “establecer plazos para a redacción do anteproxecto do novo pavillón”, cando “tiña que ser el o que chegase ao pleno cunhas liñas de traballo”.

PATRONATO DE CULTURA

A proposta do PP burelés da creación do Patronato de Cultura Municipal non saíu adiante pola oposición do PSOE.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...