InicioPolíticaHéctor Moris e Verónica Peña ocuparán os postos 2 e 3 da...

Héctor Moris e Verónica Peña ocuparán os postos 2 e 3 da candidatura do PSOE en Foz

Os socialistas focegos presentaron a listaxe electoral para as vindeiras eleccións municipais, que liderará Fran Cajoto

Publicada o

- Advertisement -

Héctor Moris Fernández será o número 2 e Verónica Peña Castiñeira ocupará o terceiro posto da candidatura do PSdeG-PSOE de Foz, que liderará Fran Cajoto. Os socialistas presentaron este domingo a súa listaxe electoral completa.

Ana Rojo Eijo será a número 4 da listaxe do PSOE focego. O voceiro na corporación municipal dos socialistas, Chema Linares Rodríguez, ocupará a quinta praza; Inés López Couto, a sexta. Carlos García Rodríguez, Milagros Louzán García e Javier Fraga Fernández irán nos postos 7, 8 e 9.

Asunción Alonso Machado (10), Carlos Fernández Oliveira (11), Luisa Piñeira Núñez (12), Ana Casas Trelles (14), Marcos Paleo Otero (15), Vanina Cabrera Sánchez (16), Suso Pérez García (17) completan os 17 postos.

Miguel Pena Ares (19), Beatriz López Rey (20), Gerardo Pillado Núñez (21), Nelly Castro (22) e Álex Fernández Castillo (23), suplentes, completarán a listaxe.

“TIVEN QUE MARCHAR FÓRA  E NON QUEREMOS ISO”

Cajoto resaltou o traballo dos tres alcaldes anterirores, Pepe Baz, Martín Bertrán e Pepe Rivera, e asegurou que conta “cun equipo marabilloso. Imos traballar día e noite para cambiar a dinámica negativa do municipio”, concluíu.

Durante a súa intervención fixo fincapé nos servizos sociais. “Non pode ser que haxa xente que non pode pagar a residencia“, lamentou, para afirmar que “o detonante” que lle fixo presentase como candidato á alcaldía foron “as dúas subidas do Imposto de Bens Inmobles (IBI) no momento en que peor o estaban a pasar as familias“.

“Eu tiven que marcharme fóra porque aquí non había oportunidades. Sei o difícil que resulta e imos traballar para que a veciñanza de Foz non se vexa máis nesa situación”, afirmou.

O candidato socialista criticou “a falta de criterio” do goberno local, que presentou “uns orzamentos nefastos, nos que os únicos investimentos reais proceden do Plan Único da Deputación de Lugo. Iso preocúpanos moito”, afirmou.

Cajoto prometeu cercanía aos veciños, “aos que hai que atender sempre, porque os concelleiros e alcaldes tamén son veciñanza”, e desmentiu que vaia “quitar os premios do Entroido, como din por aí. Eu non teño careta, pero creo que Foz son algo máis cás festas”, asegurou.

“CREDIBILIDADE”

A presentación da candidatura socialista de Foz contou coa presenza do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, do presidente do PSOE lucense, Álvaro Santos Ramos, e das candidatas ao Congreso dos Deputados Ana Prieto e Sonsoles López.

“Non vimos a prometer grandes investimentos. Pero si a demostrar que cumprimos co que facemos. Outros deben explicar que foi da dragaxe da ría, o da promesa da depuradora que segue sen executar, pero a xente sabe que pode crernos. Iso é o que vai facer de Darío Campos o presidente da Deputación e de Fran Cajoto o alcalde de Foz”, afirmou Santos Ramos.

“Fomos os socialistas os que rehabilitamos integralmente a N-642, os que impulsamos o proxecto da A-74, os que subimos as pensións que permiten que os veciños de Foz conten con 600.000 euros máis ao ano”, resaltou.

Campos, pola súa banda, destacou que a Deputación achegou ao municipio un total de 2,7 millóns nos últimos catro anos. “Grazas a eses cartos Foz ten hoxe alumeados públicos, traídas de auga, saneamentos, camiños, accesos arranxados e pode atender aos seus maiores”, afirmou.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...