InicioPolíticaO Concello de Ribadeo dotará de vestiarios a Casa das Algas

O Concello de Ribadeo dotará de vestiarios a Casa das Algas

As obras custarán 60.000 euros e permitirán aos deportistas de remo ter onde cambiarse e ducharse

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo dotará de vestiarios á Casa das Algas. O goberno local ribadense vén de quitar a licitación as obras de acondicionamento, que custarán arredor de 60.000 euros -procedentes de fondos propios- e estarán listas, previsiblemente, en outono. As actuacións beneficiarán aos deportistas de remo no municipio.

O concelleiro de deportes ribadense, o nacionalista David Rivas, sinalou que “os nenos e nenas que practican o remo non contan con vestiarios e duchas de auga quente”. O edil asegurou que “este deporte, desde o seu rexurdimento no 2013, está a dar moitas alegrías, con títulos e podios en campionatos de España, como en campionatos galegos e internacionais”.

TITULARIDADE ESTATAL

Así, o proxecto do goberno local aspira, explicou, a “favorecer esta actividade”. Rivas sinalou que a tramitación, que dependía do Ministerio de Medio Ambiente, titular das instalacións, “foi o traballo de varios meses”.

En diante, as empresas interesadas terán un prazo de 26 días para presentar as súas propostas, para despois ser executadas nun prazo de seis meses.

NOVOS TORNEOS DE BASE DA SD RIBADEO

Os campos de fútbol Pepe Barrera e Gregorio Sanz acollerán a vindeira fin de semana o torneo de prebenxamíns e benxamíns da SD Ribadeo. Uns 50 equipos de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, Extremadura e Portugal participarán na competición.

Presentación do torneo. AXM

O torneo prebenxamín será o sábado, desde as 10.00 horas. A final está prevista para as 21.00. O trofeo benxamín disputarase o domingo. A competición arrincará ás 10.30 e o partido polo título empezará ás 17.45. 

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...