InicioPolíticaO PP de Ribadeo ve excesivo o gasto no helicóptero que vixiará...

O PP de Ribadeo ve excesivo o gasto no helicóptero que vixiará as talas

Para os populares, gastar "9.000 euros" na medida "é un despropósito con afán propagandístico"

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Ribadeo criticou nun comunicado “o gasto de 9.000 euros por parte do Concello ribadense para revisar as parcelas afectadas pola lei de incendios de Galicia”. Os populares consideran “desproporcionada” a medida, que ao seu xuízo ten “un afán propagandístico”.

O voceiro do grupo popular no municipio, Jesús López Penabad, considera “un despropósito o gasto de 9.000 euros nun helicóptero” e cuestiona a intención do goberno local de que os propietarios cumpran canto antes cos requisitos que marca a normativa. “Hoxe en día, as empresas teñen lista de espera non só para cortar senón tamén para desbrozar. Antes de multar habería que ver todos os prazos que se teñen que cumprir e analizar en que situación está cada un”, asegura.

Os populares critican a situación “das pistas municipais, que o goberno local ten sen desbrozar”, e da “finca que está ao carón da gardería municipal, en pleno casco histórico de Ribadeo e rodeada de casas, e que segue sen limpar. Iso si que supón un gran perigo porque ademais está chea de bichos”, remata.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, insistiu días atrás na intención do Concello de “cumprir co que se espera de nós e tamén de respectar aos propietarios que xa se aplicaron ao longo destes meses. Traballemos agora para estar tranquilos despois”, concluíu.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...