InicioPolíticaO grupo de non adscritos critica a tala de Pernas Peón

O grupo de non adscritos critica a tala de Pernas Peón

O colectivo pregúntase quen tomou a decisión da actuación, dun maior alcance do que se prevía

Publicada o

- Advertisement -

O grupo de non adscritos da corporación municipal de Viveiro critica o estado do parque Pernas Peón, que segundo denuncia “presenta unha imaxe lamentable, que preocupa a moitos usuarios”.

O colectivo califica de “desfeita” que “cando a previsión inicial era a corta de quince piñeiros enfermos e cinco eucaliptos secos, a dura realidade é que se cortaron 78 piñeiros e 33 eucaliptos”.

Así, levará ao pleno unha serie de preguntas: quen tomou a decisión de facer unha tala que excedía as previsións, por que non se solicitou a opinión do pleno e se se solicitaron informes técnicos a empresas especializadas.

ROGO

O grupo de non adscritos viveirense presentará un rogo “para que o parque Pernas Peón recupere folgos e arume”.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...