InicioPolíticaOs independentes de Alfoz reúnense o domingo para presentarse ás eleccións municipais

Os independentes de Alfoz reúnense o domingo para presentarse ás eleccións municipais

Decidirán en asemblea a dirección executiva, encargada de elaborar programa e candidatura

Publicada o

- Advertisement -

Veciños Independentes de Alfoz (VIA) celebrará a súa primeira asemblea xeral o vindeiro domingo 17 de marzo, ás 11.30 no centro sociocultural. Na xuntanza elixirase a primeira dirección executiva do partido, órgano xestor que será o encargado de elaborar o programa, así como de elixir a candidatura para as próximas eleccións municipais.

O novo órgano directivo do partido estará formado polo presidente, o vicepresidente, o tesoureiro, o secretario e os vogais.

Neste sentido preténdense crear seis vogalías, correspondentes a acción social, innovación, territorio, coñecemento, participación e economía, así como unha vicesecretaría de organización e portavocía.

CAPTACIÓN DE AFILIADOS

Os membros da dirección serán elixidos entre os diferentes militantes que se integraron no partido na campaña de captación de afiliados que se está a levar a cabo.

Ademais, na orde do día da asemblea tamén se contempla a ratificación dos acordos da actual dirección executiva provisional, a dación de contas da xestión dos membros electos e a información e seguimento do plan de traballo de cara ás próximas eleccións municipais.

PACTO DE GOBERNO

VIA quitou dous edís nas súas primeiras eleccións, tras só catro meses da súa fundación. Os dous concelleiros obtidos nos comicios permitíronlle entrar no goberno. Os independentes apoiaron ao socialista Jorge Val, que rematou con décadas de goberno do PP

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...