InicioPolíticaO BNG de Burela urxe a solventar o problema do pavillón

O BNG de Burela urxe a solventar o problema do pavillón

Os nacionalistas levarán ao pleno a redacción dun proxecto de construción dun novo recinto ou do arranxo de Vista Alegre

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Burela presentará unha moción no pleno para urxir ao goberno local a que redacte un proxecto de reforma do pavillón de Vista Alegre ou para a construción dun novo recinto. Ademais, propón que Concello inste á Xunta de Galicia e á Deputación de Lugo a que cofinancien a obra.

Segundo a Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), Vista Alegre non cumpre a normativa de pavillóns establecida no 2016. Deste xeito, o Pescados Rubén Burela solicitou semanas atrás ao Concello de Viveiro a posibilidade de utilizar as instalacións municipais.

VARIOS CLUBS AFECTADOS

O voceiro do grupo municipal do BNG, Mario Pillado, lembra que “non só esta implicado neste asunto o CD Burela FS, senón que de xeito mais ou menos directo, o CB Burela, o Clube de Tenis, a Escola de Ximnasia Porta Norte, a actividade de patinaxe, os clubes ciclistas Cerezo e Burela, a Fundación Eu Son, a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental da Mariña ou incluso a AFD Porto de Burela vense limitados no seu traballo polo colapso que sofren as instalacións deportivas do municipio”, asegura.

É habitual que adestramentos destas entidades se desenvolvan en lugares limítrofes coma Cangas, Nois, Marzán ou San Cibrao pola falta de horario para todos os colectivos”, remata.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...