InicioPolíticaO PSOE acusa ao PP de rexeitar no Senado a instalación da...

O PSOE acusa ao PP de rexeitar no Senado a instalación da baliza láser no Fiouco

O senador por Lugo sinala que o Goberno presidido por Pedro Sánchez "converteu o tramo do Fiouco na área máis monotorizada de todas as autovías españolas"

Publicada o

- Advertisement -

O senador do PSOE por Lugo, César Mogo, acusa ao PP de “tres torpezas en catro días” en referencia á “confusión” sobre a propiedade das casetas dos camineiros en Vilalba, feito que ocorría o pasado venres: “esixiron ao Goberno o que é responsabildiade da Xunta”.

“O domingo, o senador (José Manuel) Balseiro anunciou a defensa dunha moción nunha comisión que nin se convocou; e o luns rexeitou un acordo do Senado para axilizar a instalación dunha baliza láser no Fiouco”, sinala César Mogo.

O senador por Lugo sinala que o Goberno presidido por Pedro Sánchez “converteu o tramo do Fiouco na área máis monotorizada de todas as autovías españolas”. Mogo apunta ademais que “o goberno de Rajoy non fixo nada por afrontar ante a persistencia da néboa”, sinalando tamén que “os accidentes máis graves producíronse neses anos e o Parlamento de Galicia votou en contra de medidas inferiores no seu alcance ás que están actualmente instaladas”.

“O PP segue instalado en xerar alarma o que é imperdoable porque xoga coa seguridade das persoas” apunta Mogo. Sobre o balizamento láser, o senador apunta que “é a última actuación dun proxecto que vela pola seguridade das persoas ao seu paso polo Fiouco e instalarase o máis axiña posible”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...